Reflexión-Conflitos de autoridade

 

 Conflito entre adolescentes e titores legais (familiar, mestre/a, coidador/a...)

1º-Relata a o acontecido no suposto "Pepe-Andrea"
2º-Valora a actuación de cada un (titor-adolescente).
3º-Indica formas de actuar para que esa situación non se repita. Cambios que pode facer o titor e cambios que pode facer a adolescente.

Conflito entre adolescentes e titores legais (familiar, mestre/a, coidador/a...)

1º-Relata a o acontecido no suposto "Pepe-Andrea"
2º-Valora a actuación de cada un (titor-adolescente).
3º-Indica formas de actuar para que esa situación non se repita. Cambios que pode facer o titor e cambios que pode facer a adolescente.

Escea:
Unha nena quere ir xogar cas súas amigas. O seu pai dille que ten que quedar a estudar para o exame que vai ter, pero a nena segue insistindo en que vai saír a xogar cas súas amigas.
O pai comeza a gritar, a utilizar a forza física e a mandala coller o libro. Sen embargo, a nena dille que non lle gusta estudar e marcha directa pola porta ignorando ao seu pai.

Valoración:

  • Pai: o pai perdeu o control sobre a súa filla. Entón, intenta utilizar a forza física e comeza a gritar. Esta perda de control soe vir dunha falta de comunicación e perda da autoridade ao longo do tempo.
Como me sentiría:
Se eu fose o pai e a miña filla me fixese algo polo estilo me sentiríame bastante mal, xa que me sentiría algo culpable e triste de pensar que non lle ensinei ben á miña filla.
  • Filla: debería facerlle máis caso ao seu pai, xa que el é o seu titor. Ademais, debe ter en conta que necesita estudar para o exame, que é algo moi importante e que ten moito tempo para ir xogar coas amigas. Tamén debe pensar que os pais sempre queren o mellor para os fillos e fano o mellor posible.
Como me sentiría:
Se eu fose a nena e me comportase desa maneira, non sei como me sentiría. Iso de desobedecer aos nosos pais non está ben.
Cambios:
    O pai debe falar sempre e explicar as súas decisións á súa filla sen esquecer que é a súa responsabilidade educala correctamente.
A filla debe obedecer ó seu pai, que é o seu titor, ata a maioría de idade.
Exemplo:
Unha nena chega a cociña da súa casa e dille ao seu pai que quere saír xogar cas amigas. O pai explícalle que o exame de mañá é moi importante para o seu futuro e que por iso ten que quedar a estudar.
A nena, decepcionada, volve a insistir dicíndolle que xa estudaría despois. Entón o pai dille:
  • “Traballo feito non corre presa”. Primeiro estuda e cando teñas o exame preparado podes saír a xogar cas amigas.
A nena queda pensando un momento pero acaba collendo o libro e marchando a estudar. NOA

           Conflito en casa  

Representación da escea:
Aparece a cociña da casa de Carme e seu pai. Carme entra na cociña e disponse a sair, e dille ao seu pai que vai coas amigas a pasear.
O pai lle preguntalle se estudou para o exame e ela contéstalle que non, pero que xa estudara despois. O pai, estrañado por esa reacción dille que ten que estudar, e que xa marchará mais tarde coas amigas, sen embargo a nena está convencida de que ten que ir, desde este intre comeza un “tira e afrouxa” entre o pai e Carme.
O pai, para intentar que lle faga máis caso comeza a levantar a voz e a utilizar a forza física.
Sen embargo, despois dun rato a nena, sen escoitar as ordes do pai márchase pola porta.
Valoración do pai e da filla:
Pai: O que eu opino da reacción deste pai e que sen querelo non pode controlar o que fai a súa filla, e intenta que lle faga mais caso gritando, levantando a voz e utilizando a forza física. Quere dicir que non ten “poder” ou “decisión” sobre a súa filla.
Filla: A filla tendría que ser máis sensata coas decisións que toma, pois ten que estudar e facer os deberes.
Outros finais:
1.- A nena non fai caso ao pai, e despois dunha gran discusión marcha coas amigas.
2.- O pai consegue, mediante a insistencia conseguir que a nena quede a estudar e non vaia cas amigas.
3.- Mediante a paciencia conseguen facer un “trato” entre pos dous e que estean todos contentos (último punto).
E se fóramos nos?:
Se eu fora o pai comezaría por non gritar, e preguntaría tranquilamente a onde vai, que vai facer, cando vai volver…
Intentaría “tratar” con ela, e, por exemplo decidir que estude 10 ou 20 minutos, vaia coas amigas, volva pronto e remate de estudar para o exame.
Ante todo nunca utilizaría a forza física nin lle gritaría, pois o interpretaría como se non puidese falar con ela, e pasaría o que pasa na verdadeira representación principal.MANUEL
Representación de conflicto


Andrea quiere irse con las amigas, pero, Pepe su padre quiere que estudie.
Andrea intenta que Pepe la deje irse pero no la deja.
Pepe usa la fuerza física y sube mucho el tono.
Después de un largo tira y afloja Andrea se cansa y se va de casa.
Valoración
Pepe, tiene que dar diálogo y estar firme, no decir todo el rato lo mismo.
Tiene que hacerse respetar como padre, para que en esas situaciones no pase eso.
Andrea, tiene que respetar a su padre. Ya que es su tutor legal.

Cambio de autoridad

Andrea quiere irse con las amigas, pero Pepe quiere que estudie.
Pepe dice que no, y Andrea una niña que respeta a su padre (Por su autoridad) no se opone, y se va a hacer su tarea. ( Estudiar)
Desventajas de la actitud de Andrea
Con ese comportamiento no se consigue nada.
Sufriran las dos partes, y no cumpliran el objetivo en la vida.
Ser feliz.CLAUDIA

Conflito entre un titor e un adolescente
Escenificación na clase:
Pepe: Titor
Andrea: Filla
As dúas personaxes atópanse no salón da casa.
A nena pídelle o seu pai se pode ir xogar coas amigas, pero coma sempre, ten deberes e o pai non a deixa marchar ata que acabe os acabe.
A nena, non está de acordo ca resposta do seu pai négase. O pai comeza a levantar a voz e tamén comeza a utilizar a forza bruta tirándolle do brazo para que volva cara dentro.
A nena fai como se tivese auga nas orellas, e decide marchar sen ningún permiso. O pai intenta detela, sempre repetindo a mesma frase.
O final a nena marcha sen que o pai puidera facer nada.

Valoración das personaxes:
Titor (pai): Eu opino que a pesar de que a súa filla non lle faga caso, non debería levantar o ton de voz nin utilizar a forza porque isto induce a filla a facelo, e o final acaban os dous a gritos e a empuxón. Por iso o pai debería calmarse e intentar controlar a súa filla. Ademáis se sempre lle está repetindo a mesma frase, ao final a súa filla xa non lle ten importancia.
Filla: Esta, non se decata de que os estudos son sempre o primeiro. As decisión dos nosos pais sempre teñen que ser escoitadas, porque, normalmente, solen ser de gran axuda.
Texto con outro final:
As dúas personaxes atópanse no salón da casa.
A nena pídelle o seu pai se pode ir xogar coas amigas, pero coma sempre, ten deberes e o pai non a deixa marchar ata que remate os seus deberes. A nena négase xa que ten claro que quere saír. O pai intenta controlala dándolle explicacións da importancia de facer os deberes. A nena, xa parece un pouco máis convencida, pero aínda quere ir cas amigas. Entón os dous intentan chegar a un acordo. Se ela fai os deberes terá un cuarto de hora máis para estar cas compañeiras. Desta volta, a nena acepta e vai cara o cuarto e disponse a facer os deberes.



Pepe e Andrea

Escena
Andrea vaille preguntar ao seu pai, Pepe, se pode marchar coas amigas. Despois dunhas cantas palabras e algún que outro insulto, Pepe empeza a dicir que non se vaia porque tiña que estudar e Andrea insiste en marchar coas amigas.
Ao final, Andrea abre a porta e vaise coas amigas sen facer caso ningún as palabras do pai.
Valoración
Pepe: Actuou de maneira moi ríxida, pero polo futuro de Andrea.
Andrea: Non debeu de marchar sen escoitar a seu pai.
Cambios
Pepe: Puido deixar ir a Andrea, pero tamén ten que ter autoridade; se di que non, pois é que non.
Andrea: Puido facerlle caso ao pai ou para non discutir marchar sen pedir permiso.
Outro caso
Un rapaz  de 16 anos chega a cociña da súa cosa, colle a carteira da nai e lle colle lle 10€ para facerse un pendente que estaba de moda no seu colexio.
Cos cartos na man dille a súa nai que llos colle prestados para unha cousa, pero non lle di para que. A nai pregunta para que os quere e o rapaz non contesta.
A nai enfadouse e dixo que se non lle dicía para que os quería non llos ía a dar. O rapaz insistía en levar os cartos. A nai xa gritando dixo que lle devolvera os seus cartos e que collese dos seus, pero o rapaz non fai caso e lisca a correr. DIEGO


"Idade do pavo"

Carme, sae da súa habitación disposta a marchar da casa. O seu pai, lle preguntalle  se estudou e ela lle dille que despois xa estudará. Non é a primeira vez que pasa isto, e o seu pai, xa sabe que vai chegar tarde e non vai a facer o que el lle pide. Como Carme non lle fai caso, empeza a subir o ton de voz e a usar a forza física. Despois dun “tira e afrouxa” a nena se marcha da casa a pesar das ameazas do seu pai.

Valoración da actuación dos personaxes:

  • Pai: tiña que haber chegado a un acordo coa filla sen utilizar nin a  forza nin o ton de voz tan elevado. Tamén ten que impor un pouco sobre a filla para que esta saiba quen é o que lle leva por bo camiño.
  • Carme: ten que respectar a eses titores (sobre todo a súa familia) que intentan o mellor para ela.
Finais diferentes:

  • O pai intentase chegar ao acordo de que fora coas súas amigas e volvera cedo para estudar e facer as tarefas, ou que estudase primeiro e despois se fora.
  • Que o pai lle convencese para que hoxe estudara e segundo a nota do exame podería volver a saír ou non.
  • Que Carme sacara unhas notas excelentes nos anteriores exames e o pai lle deixara saír xa que confía nela.SARA
Conflito entre adolescentes e titor

Relato:
Andrea quere ir xogar coas amigas, pero o pai dille que ten que estudar. A nena como non quere facelo, intenta convencer ó pai para que a deixe marchar. Despois dunha larga discusión, a nena abre a porta e vaise, e ó pai non pode facer nada para impedilo.

Valoración:
- Pepe: Ten unha maneira moi autoritaria, e manda moito sobre Andrea. Usa demasiada agresividade.
- Andrea: Ten un ton egoísta e non responde ás preguntas do seu pai dunha maneira razoable. Só pensa nela.
Para que non se repita a situación:
- Pepe: Debería de facer as cousas máis pausadamente. O pai debería dicirlle que el quere que o pase ben xogando coas amigas, pero tamén ten que facer os traballos que lle mandan na escola, polo seu propio ben.
- Andrea: Tería que ter respecto cara o seu pai, e escoitalo antes de protestar. Falándolle ben igual chegan a un acordo sensato.LAura

CONTINUACIÓN DEL RELATO IMPROVISADO DE PEPE Y ANDREA

RELATO: José Luis intenta hacer que su hija (Andrea) estudie y no vaya con sus amigas a jugar. Después de un tiempo Andrea marcha sin el consentimiento del padre.
OPINIÓN:
Padre: Actúa mal ya que deja que su hija marche con sus amigas y no estudié, no me gustaría tener un padre así porque su propia hija no le hace caso.
Hija: Actúa mal ya que marcha y ningunea a su padre, marcha de cosa sin permiso, tenía que estudiar, aunque saque muy buenas notas. No me gustaría actuar así ya que no obedecería a mi padre

FINALES:
La posibilidad de que su hija se quede estudiando es posible, su padre intenta ayudarla a estudiar aunque le cueste, así que ya haya estudiado marché (Solo si su padre le deja) HUGO M

Resumo

Carmen encóntrase co seu pai no salón da súa casa.
Carmen quere ir a dar unha volta coas amigas, lle pidelle  pemiso a o pai pero o pai non cede, porque Ccarmen ten que estudar.
Carmen rebóotase e dinlle que xa estudou e que quere ir co as súas amigas que lle estan a esperar. Pero o pai insiste en que ten que estudar.
Pasados uns minutos de estar a discutir, o pai recurre a forza física, a collea  do brazo e a levaa a un recucho a falar con él.
Ainda que foi en vano. Carmen colle a porta e lisca de esa casa a buscar as amigas.
Valoración:
Pai: Tivo que usar menos a forza física, que podía asustala ainda que non fose con mala intención. Tiña que haber falado máis con Carmen e intentar facer un trato con ela, non negarse tanto a todo.
Carmen: TIña que haber pensado nos seus estudos e menos nas amigas, e haber intentado porse na situación do seu pai, porque ningún pai quero co seu fillo teña unhña mala educación.
Forma de actuar nestos casos:
Titor: Intentar que a/o filla/o pense no que pode pasar se vai xusto nese momento a estar co as amigas, ou faceles entender que é polo seu ben estar.
E en nigún caso agredir nin vervalmente nin fisicamente a o menor.
Adolescente: Facer un trato co teu titor legal de que so vas a estar ata unha hora cos amigos e despois vas a estudar para ter ven o “examen” ou retrasar o momento de estar coas amigas para estudar.
E en nigún caso agredir nin vervalmente nin fisicamente a o teu titor. LUISA





 

No hay comentarios:

Publicar un comentario